logo
Logo agua
Empresa Control de pragas Torres de refrixeración Depuración de augas Tenda On-line Web de Clientes
Galego Galego
DepuracionAguas

TIPOS

»  Depuradoras

  Tratamentos Biolóxicos
        Aerobios
  Tratamentos Biolóxicos
        Anaerobios
  Pequenos Municipios

»  Torres de refrixeración

  Sistema EST

»  Auga potable

  Sistema SCP

Depuración de augas

Xema Galicia Medioambiente, S.L. asóciase neste campo con INTEGRA ENVIRONMENTAL, S.L., un provedor líder de solucións ambientais no territorio español para ofrecer as solucións máis avanzadas e eficientes para as súas necesidades do medio. Dende as fases iniciais do entendemento do problema ata a implementación, mantemento e xestión.

O noso compromiso cos nosos clientes é o que nos define. Utilizando toda a nosa capacidade, ofrecemos proxectos "chave en man" co obxectivo de acometer con éxito os presentes e futuros retos ambientais dos nosos clientes.



Solucións

Hoxe en día, hai multitude de diversas solucións ambientais, pero só unhas poucas ofrecen un auténtico avance na realidade das tecnoloxías límpias. Estas son as solucións, das que está formada a carteira de Xema Galicia Medioambiente, S.L. solucións baseadas nas necesidades ambientais locais, e que poden facerse realidade polas tecnoloxías límpias máis innovadoras, eficientes e únicas.

Xema Galicia Medioambiente, S.L. ten múltiples solucións para o tratamento da auga e de residuos, tanto en municipios coma na área industrial. E todos estes tratamentos conseguen unha redución na produción de lamas activ
as e residuos, conseguindo así considerables aforros económicos.


A potabilización da auga, que hoxe en día é máis que unha necesidade, é un imperativo e en Xema Galicia Medioambiente, S.L. ofrecemos os máis altos niveis de calidade da auga coas máis avanzadas e eficientes tecnoloxías nese campo. Utilizando as máis avanzadas tecnoloxías de filtración, microfiltración, ultrafiltración, osmose inversa, e desinfección, ofrecemos todo o necesario para proxectos "Chave en man".

Logo Integra


Integra Environmental S.L., e líder en solucións ambientais no territorio Español. Utiliza as máis avanzadas tecnoloxías, para ofrecer aos nosos clientes proxectos "chave en man", solucionando os seus problemas de hoxe e de mañá. Integra Environmental S.L., é unha empresa subsidiaria da israelí Clean Technologies Group (CTG) referencia en solucións tecnolóxicas ambientais a nivel mundial.

Inicio

Web de Clientes

Tenda On-line

Contacto

2011 © Xema Galicia Medioambiente, S.L.