|
O modelo axeitado para cada necesidade O modelo axeitado é calculado para cada potencia, dentro da nosa gama estándar, a cal, pola súa amplitude, cobre ata as necesidades máis esixentes.
Debido ás dimensións en planta, os nosos equipos, cadrados na súa maioría, son idóneos para a súa instalación en espazos reducidos.
Cando se desexa obter unha regulación da capacidade de refrixeración moi precisa, instálanse motores de dúas velocidades que conseguen, ademais, un aforro importante en consumo eléctrico.
Se a necesidade consiste en graduar a potencia, o procedemento habitual é instalar, en batería, tantos módulos como chanzos sexan precisos.
A cor azul estándar das torres EWK pode modificarse, por requirimento do cliente, co fin de adaptalas esteticamente a calquera parte dos edificios.
|