Inicio arrow Tratamento Fisico


  • Galego
  • Castelán


Tratamento Fisico
SISTEMA FISICO-QUIMICO DE TRATAMENTOS DE TORRES EST Imprimir Correo-e

O
equipo EST (Elgressy Scale Treatment) é un sistema Físico-Químico para o tratamento da auga dende sistemas de refrixeración ata sistemas de auga sanitaria (AFCH e ACS).
Tendo en conta o RD 865/2003 para prevención de legionelosis, estariamos a falar dun equipo electroquímico incluído no Artigo 13. "Métodos de tratamento das instalacións". Ademais o Ministerio de Sanidade Ambiental pide ter estudios de eficiencia probada, este sistema ten certificado do Ministerio de Sanidade de eficiencia probada como desinfectante.

VANTAXES:

A curto prazo:

A longo prazo

    • Inhibe a incrustación
    • Elimina a incrustación previa xa existente
    • Reduce la actividad microbiana
    • Reduce os niveis de corrosión

       

      • Evita a formación de biopelículas
      • Evita a formación de depósitos calcáreos
      • Prolonga a vida útil dos equipos

DESCRIPCION DA TECNOLOXIA::

A tecnoloxía utilizada consiste na Electrolisis da auga, unha tecnoloxía coñecida hai 150 anos, o único que o equipo incorpora son diferentes tipos de ánodos e autómatas programables para obter os resultados desexados de:
    • Prevención da corrosión nos depósitos e canalizacións.
    • Redución e prevención das incrustacións.
    • Desinfección contra a Legionella

PROTECCION ANTIINCRUSTANTE E CORROSIVA DA AUGA

O equipo está formado por 2 ou máis ánodos e un corpo metálico que fai de cátodo, un programador e un sistema de medida de Volataje .el cual induce unha corrente entre os ánodos e o cátodo..



Como en toda corrente de electróns estes van do ánodo ao cátodo creando a electrolisis da auga no cátodo e producindo unha concentración de grupos hidroxilos (OH-) alta o que nos leva a ter un incremento de pH importante nas paredes do cátodo favorecendo a precipitación da dureza temporal (Ca e Mg).



Os electróns rompen a molécula de auga, formando os OH- no cátodo. Este aumento de grupos OH- proporciona a suba de pH no cátodo e favorece nel a precipitación da dureza temporal, evitando que a mesma precipite no circuíto.


Esta acumulación de precipitados no cátodo, orixina un aumento de resistencia (Aumento de Voltaxe) no sistema dando o sinal de limpeza das paredes do cátodo.


A auto limpeza do sistema realízase mediante un dispositivo de arrastre que percorre o equipo de arriba abaixo, unha vez pechada a entrada de auga e aberta a válvula de drenaxe. Esta limpeza realízase por tempo e por voltaxe, en función das necesidades do sistema.

TRATAMENTO BIOCIDA

Este tratamento prodúcese nel ánodo, onde a perda dun electrón produce ións de cloro libre, os cales fan un efecto Biocida en todo a auga que pasa a través do sistema, pero non produce residual na auga polo que está autorizado para a utilización en auga de consumo humano. É importante que a auga estea a circular constantemente polo equipo xa que é a fonte de desinfección constante.

INSTALACION TIPICA DUN EST



Como podemos observar no esquema, o EST pódese utilizar para un único sistema ou para un conxunto de sistemas mediante conexións hidráulicas. Os equipos e características de deseño dispoñibles son:

VALORES FINAIS QUE SE ALCANZAN

  • Aerobos totais. Todos os recontos a excepción do primeiro se sitúan por debaixo dos 1000cfu/ml/ml. Nunca ten un repunte maior a 3000 cfu/ml
  • Turbidez menor a 10NTUs
  • Garántese a diminución progresiva da incrustación pola retirada de carbonato cálcico da auga, así como ausencia de seres superiores ás bacterias como protozoos e cianobacterias
  • Non simplemente mata aos microorganismos presentes na auga, senón que os elimina do sistema debido á eliminación progresiva do biofilm
Produto patentado por Integra Enviromental e distribuído e instalado por Dosimart sc-XemaGalicia.
más información en Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver