En Xema Galicia Medioambiente, S.L. somos expertos en facer que a madeira recupere toda a súa vitalidade, outorgándolle a protección necesaria para que a súa duración sexa ilimitada. Poñemos á súa disposición solucións integrais, sumando ós derradeiros avances en investigación sobre a madeira e as súas patoloxías, outro importante factor: os nosos recursos humanos. Xema Galicia Medioambiente, S.L. aplica todo tipo de tratamentos co fin de lograr que a madeira estea convenientemente protexida. Aínda que cada caso é distinto e nalgunhas ocasións fanse tratamentos especiais (antitermitas, madeiras protexidas con vernices, etc). En casos extremos procederase á substitución das pezas de madeira cuia resistencia mecánica véxase afectada. |
|
A proliferación das aves ocasiona problemas no patrimonio tanto de institucións e monumentos como entre particulares. Canalons atascados, fiestras, patios con feces ou deterioro da pedra son algunhas das consecuencias da superpoboación de aves. En caso dos morcegos as molestias que provocan son un pouco diferentes e, asociadas xeralmente á repulsión que producen estes animais. Para controla-las aves e os morcegos, en Xema Galicia Medioambiente, S.L. aplícanse os seguintes métodos: · Repelentes que non lles permiten pousarse nas superficies tratadas. · Métodos físicos como varillas, cerramento de ocos, redes, etc. · Sistemas de electrorepulsión. · Sistemas de repulsión mediante ultrason. |
|
Con este servicio Xema Galicia Medioambiente, S.L. traballa para erradicar calquera tipo de praga orixinada por insectos ó mesmo tempo que protexe durante tempo as zonas conflictivas fronte a futuros asentamentos. Antes de inicia-lo tratamento estúdiase o caso e as súas particularidades tendo en conta os seguintes factores: · Zona de implantación da praga. · Clasificación dos insectos, hábitos, sensibilidade, etc. · Selección do producto insecticida para cada caso e fórmaa de aplicación. · Alternancia periódica dos productos que vaian aplicarse co fin de evita-la aparición de posibles inmunidades ou resistencias a un determinado producto. · Valoración dos riscos que o uso dos insecticidas poida supor para a poboación, animais e o medio ambiente. Os tratamentos insecticidas diríxense principalmente a comunidades de propietarios, hostelería, vivendas, colexios, almacenes industrias, oficinas, particulares, parques e xardíns, terminais marítimas, mercancías, barcos institucións, etc. |
|
Para realiza-los traballos de desinfección Xema Galicia Medioambiente, S.L. utiliza maquinaria especialmente deseñada para que os desinfectantes cheguen de forma homoxénea a tódolos lugares por ocultos que estean (termonebulizadores, xeradores de néboa húmida e xeradores de néboa seca). Xema Galicia Medioambiente, S.L establece programas de control biolóxico que permiten coñecer e garanti-los resultados dos tratamentos de desinfección. |
|
Cos programas de desratización trátase de eliminar toda actividade orixinada por roedores. Pero non só cando xa apareceron senón tamén moito antes de que aparezan. Para elo Xema Galicia Medioambiente, S.L. estudia a fondo cada problemática tendo en conta o emprazamento, zona de influencia, riscos e outros factores. Cada caso require dunha solución distinta pero en xeral podemos falar de tres aspectos relevantes á hora de elixir tratamento: elección dos cebos, a súa alternancia e a súa correcta colocación. |
|
|