|
Formacion de manipuladores |
|
|
|
Centro de Formación para Manipuladores de Alimentos.
Para levar a cabo esta formación Xema Galicia Medioambiente, S.L. conta cun aula acondicionada con equipos teórico / prácticos e especialistas, titulados universitarios, con experiencia en distintas áreas da Hixiene dos Alimentos, tales como: - Restauración.
- Comidas preparadas.
- Comedores colectivos.
- Fariñas e panaderías.
- Hiper e supermercados.
- Comercio minorista.
- Adegas e bebidas.
- Outros.
Horario de cursos mañás e tardes, para os secctores de restauración, comida rápida, hostelería e comercio minorista.
Para empresas horario e días a elixir, nas nosas aulas ou nas súas instalacións. |
|
|
A importancia dos manipuladores de alimentos |
|
|
|
A adecuada manipulación dos alimentos, dende que se producen ata que se consomen, incide directamente sobre a saúde da poboación.
Está demostrada a relación existente entre unha inadecuada manipulación dos alimentos e a producción de enfermidades trasmitidas a través destes. As medidas máis eficaces na prevención destas enfermidades son as hixiénicas, xa que no maioría dos casos é o manipulado-lo que intervén como vehículo de transmisión, por actuacións incorrectas, na contaminación dos alimentos.
O profesional da alimentación, en calquera das súas modalidades, ten ante si a responsabilidade de respectar e protexe-la saúde dos consumidores por medio dunha manipulación coidadosa. Para tentar conseguir este obxectivo o manipulador debe: • Adquirir coñecementos en materia obxecto do seu traballo: o manexo dos alimentos. • Desenvolver actitudes de conducta persoal que beneficien a súa función: hixiene persoal e organización do traballo. • Incrementa-lo sentido da responsabilidade cara os demais pola trascendencia do servicio que prestan.
Así conseguirá mellora-la calidade do servicio, colaborando na protección da saúde dos consumidores. |
|
|